TAREA 3-OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

-CICLO SEN FIN:MERCAR,TIRAR,MERCAR-

A obsolescencia é a caída en desuso de máquinas, equipos e tecnoloxías motivada non por un mal funcionamento das mesmas, senón por un desempeño insuficiente das súas funcións en comparación coas novas máquinas, equipos e tecnoloxías introducidas no mercado, polo tanto a chamada obsolescencia programada é a acción intencional que fan os fabricantes para que os produtos deixen de servir nun determinado tempo. É normal que os produtos se desgasten e acaben gradualmente coa súa vida útil, pero neste caso é un fracaso planificado. Dentro desta obsolescencia podemos atopar principalmente 3 tipos:Obsolescencia funcional,obsolescencia do deseño e a obsolescencia tecnolóxica.

En canto a obsolescencia funcional podemos dicir que é a que fai que o produto falle por defecto polo fabricante. É esa obsolescencia que todos coñecemos e é máis común que a recoñezamos.

A obsolescencia do deseño é a que fai obsoleto un produto porque xa non está de moda e por último a obsolescencia tecnolóxica é a que fai que o produto quede obsoleto xa que a tecnoloxía que incorporou está obsoleta.




 

 

 

 

Na miña opinión, a obsolescencia programada está cada vez máis desenvolvida. Por unha parte é beneficiosa e por outra pode ser prexudicial.Entre as principais vantaxes, de gran índole económica, atopamos que pode fomentar o consumo,pode xerar emprego en canto ás empresas, prodúcense avances constantes en investigación e desenvolvemento e por último pode permitir tamén aos consumidores ter os mellores produtos e os máis eficientes.

Pola outra parte,pola parte prexudicial existen uns problemas importantes asociados a esta práctica sospeitosa, entre os que poden destacar tres:

A prevalencia do beneficio económico sobre a calidade, o desenvolvemento ou a eficiencia.

Gastamos diñeiro en aparatos que ao mellor non nos fai tanta falta como nós pensamos,por exemplo,no meu caso sempre quero un móbil novo con máis actualizacións e iso,pero recoñezo que non me fai falta cambialo tan a miúdo.

Xera residuos en exceso,(a maioría dos cales non son biodegradables, cun grave impacto sobre o medio ambiente) e prodúcese un uso excesivo de materias primas para poder producir máis. 

Debido a todo isto eu me posiciono en contra debido a que aínda que poda xerar beneficios(ás empresas principalmente) eu creo que a gran maioría son desvantaxes , polo simple feito de que se fai un dano considerable ao medio ambiente coa eliminación destes residuos electrónicos.


En conclusión , a obsolescencia programada é un invento do home e tamén está na nosa man poder rematar con ela,hai moitas cousas que podemos facer para alongar a vida dos aparatos,como pode ser:

Non tirar,aprender e reparar os nosos propios aparatos .

Practicar un consumo responsable(sendo o consumo masivo unha das causas principais da obsolescencia).

A segunda mano, tamén é unha idea para rematar coa obsolescencia 

Por último o feito de reciclar tamén pode cambiar en gran medida este problema.

Facendo todas estas recomendacións podríamos avanzar na sociedade e rematar con esta obsolescencia que acaba deteriorando co medio ambiente.


                



 







Comentarios

Entradas populares